Aínda que non sempre temos a man os ingredientes da felicidade, en Ribadeo as nosas tapas non só teñen o poder de cegar polos seus sabores e texturas. Aquí, a alegría, o desexo ou a ilusión á hora de preparalas, contáxianse irremediablemente a todos/as aqueles/as que as proban.
Como se de pos máxicos se tratara, os/as nosos/as cociñeiros/as dosifican sabiamente, nos seus fogóns, os ingredientes necesarios, baixo a aparencia de pequenos petiscos, para espertar apetitos ocultos.
Así, a través de SOÑOS GASTRONÓMICOS, nós con gran sabedoría, atopamos un vehículo idóneo para conxugar sabores exquisitos e aloxamentos con encantos ofrecéndoche momentos memorables.
Reserva xa a túa estancia en Ribadeo do 11 ao 19 de maio.
SOÑOS GASTRONÓMICOS inclúe:
- Descontos nas pernoctacións.
- Pack de información turística.
- Sorteo dunha noite de estancia en Ribadeo participando na ruta de Tapeo Express.
Podes consultar as ofertas particulares e facer as túas reservas en: