Axúdanos a escoller O PREMIO DO PÚBLICO e O PREMIO Á MELLOR BARRA. Co teu cartón poderás votar e escoller a tapa e o establecemento que máis che guste.

Premio “Tapa do Público” que será a tapa máis votada pola clientela que obteña a mellor puntuación.  

Premio “A Mellor Barra” que será a mellor valorada pola clientela e onde se valorará a ambientación do local, a profesionalidade no servizo (atención, rapidez, información sobre o concurso), as instalacións (conservación, orde, limpeza e adecuación), así como a experiencia global dos clientes.

Percorre 8 establecementos da ZONA 1 e consegue polo menos 8 selos e participa no sorteo de:

  • Unha cea, menú especial fin de semana, para dúas persoas en Hotel - Restaurante O Cabazo por cortesía deste establecemento.
  • Unha cea para dúas persoas, por importe máximo de 40 euros, na Taberna Antón por cortesía deste establecemento.
  • Unha cea para dúas persoas en Cayococo Gastrobar por cortesía deste establecemento.
  • Unha cea para dúas persoas no Restaurante Costa- Verde por cortesía deste establecemento.

Percorre 8 establecementos da ZONA 2 e consegue polo menos 8 selos e participa no sorteo de:

  • Unha cea para dúas persoas en A Tapería por cortesía deste establecemento.
  • Unha cea para dúas persoas valorada en 50€ en Pulpería A Menchina por cortesía deste establecemento.
  • Unha cea para dúas persoas en O Alén por cortesía deste establecemento.
  • Unha cea, menú pechado, para dúas persoas en Bar Galicia por cortesía deste establecemento.

Percorre 8 establecementos da ZONA 3 e consegue polo menos 8 selos e participa no sorteo de:

  • Unha comida/cea para dúas persoas en La Quinta por cortesía deste establecemento.
  • Unha comida/cea para dúas persoas en La Quinta por cortesía deste establecemento.
  • Unha cea para dúas persoas no Mareta por cortesía deste establecemento.
  • Unha comida/cea para dúas persoas no Mesón Morriña por cortesía deste establecemento.

Percorre 5 establecementos da ZONA 4 e consegue polo menos 5 selos e participa no sorteo de:

  • Unha cea para dúas persoas no Prohibido por cortesía deste establecemento e un lote de botellas de viño por cortesía do establecemento Maloserá.
  • Unha cea para dúas persoas no Bar Queimada por cortesía deste establecemento e 2 entradas para a Sala de Festas Rosa-Lar para desfrutar durante o mes xuño, por cortesía deste establecemento.
  • Unha cea para dúas persoas en Fumarel por cortesía deste establecemento e 2 entradas para a Sala de Festas Rosa-Lar para desfrutar durante o mes xuño, por cortesía deste establecemento.
  • Un menú degustación para dúas persoas na Mirandilla Restaurante, por cortesía deste establecemento.

RUTA TAPEO 16

Percorre 4 establecementos de CADA RUTA e consegue polo menos 16 selos e participa no sorteo de:

  • Unha cea para dúas persoas en El Rincón del Gordo por cortesía deste establecemento e 2 entradas para a Sala de Festas Rosa-Lar para desfrutar durante o mes xuño, por cortesía deste establecemento.
  • Unha cea para dúas persoas en Texturas Galegas Javier Montero por cortesía deste establecemento (previa reserva) e 2 entradas para a Sala de Festas Rosa-Lar para desfrutar durante o mes xuño, por cortesía deste establecemento.
  • Un “Menú Parador” para dúas persoas por cortesía deste establecemento e un lote de botellas de viño por cortesía do establecemento Restaurante O Piano.
  • Unha cea para dúas persoas en Texturas Galegas Javier Montero por cortesía deste establecemento (previa reserva) e 2 entradas para a Sala de Festas Rosa-Lar para desfrutar durante o mes xuño, por cortesía deste establecemento.

RUTA TAPEO EXPRESS

  • Se estás en Ribadeo de visita e pasas a noite nalgún dos aloxamentos asociados ao programa Soños Gastronómicos, pide o teu pasaporte Express e consegue polo menos 5 selos dos locais das rutas de tapas. Despois entrega o teu pasaporte no establecemento hostaleiro co seu selo. Así, entrarás no sorteo dunha estancia para dúas persoas no Hotel Fogar do Mariñeiro por cortesía deste establecemento.