A gastroxincana é un xogo dirixido a maiores de 18 anos. É un xogo por e equipos e de probas, que deberedes ir superando para lograr o voso obxectivo… gañar unha cea para todo o equipo.
Cada proba estará situada nun punto estratéxico, que os/as participantes deberedes atopar, seguindo as pistas que a organización e o xurado vos proporcionarán. Unha vez atopado o punto de control, o/a xuíz/xuíza mandaravos facer unha proba que teredes que superar. Rematadas estas, tendes que entregar o material nun punto que se vos indicará, para que o xurado poida contabilizar todos os puntos acadados.
O xogo comezará ás 20:30 h. do xoves 16 de maio. É preciso que un/unha compoñente de cada grupo, pase recoller o material e confirmar asistencia na Oficina de Turismo de Ribadeo ás 19:00 h. do mesmo día.
PREMIO:
O grupo que mellor puntuación acade na realización das probas, obterá unha cea para todos/as os/as inscritos/as nesta gastroxincanca.
INSCRICIÓN:
Os equipos estarán formados de 5 a 10 participantes como máximo.
Poderédesvos apuntar no correo gastroxincanaribadeo@gmail.com, onde nos debedes informar do número, nome dos/das participantes, dun número de teléfono ou correo de contacto mediante a seguinte ficha de inscrición:
REQUISITOS:
- Respectar o número de compoñentes do grupo.
- Todos/as os/as participantes teñen que superar os 18 anos.
- Probar a tapa en todos os locais de hostalaría polos que vos toque pasar.
- Se algún membro do equipo non pode beber bebidas alcohólicas deberá de informar antes do comezo do xogo.
OBRIGAS DOS GRUPOS:
Todos os equipos estarán obrigados a competir nobremente.
Respectar e obedecer as indicacións dos/das xuíces/xuízas e persoal da organización.
PUNTOS:
Por cada proba superada, recibiredes unha puntuación que se determinará segundo a execución e implicación do grupo.
Poderedes obter puntos extra, para iso, deberedes estar atentos/as á páxina de facebook de Ribadeo de Tapeo ou ao correo proporcionado, onde vos indicaremos máis formas de acadar puntos.
Para ir quentando motores e deixarvos tempo para pensar, podemos dicirvos que se todo o grupo ven caracterizado (camisetas, panos, chapas, sombreiros, disfraces…o que vós desexedes) obteredes puntos extras, valoraremos a orixinalidade como grupo.
A organización e o xurado poden descontar puntos:
- Se o comportamento do grupo non é o apropiado.
- Se non se presentan todos os membros do equipo nas probas.
- Se non se respectan as indicacións dadas polos/as xuíces/xuízas.
CONFORMIDADE:
A inscrición neste xogo supón a plena aceptación das presentes bases de participación.