XIV Ribadeo de Tapeo
do 11 ao 19 de maio de 2019
Unha cita para gozar das mellores tapas de Ribadeo
A orixe dun costume en ocasións é tan funcional que o esquecemos. Así,o tapeo naceu aló pola Idade Media onde nas tabernas e mesóns se tapaban os vasos de viños cun anaco de pan ou lasca de xamón para evitar que as moscas se mergullaran na bebida ou mesmo que perdera o seu arume, popularizándose a mediados do século XX nos nosos bares, onde se converteu nunha tradición de relacións sociais da veciñanza.
Ribadeo de tapeo, con catorce anos de historia, supuxo a evolución dos ingredientes que dende o seu inicio configuraban as tapas, cun toque de sofisticación que nos permite degustar pequenos bocados cun variadísimo repertorio de ingredientes e elaboracións, que nada teñen que envexar á alta cociña.
Se todo isto o aderezamos co enxeño e o traballo da hostalería ribadense, acádase un produto máxico, presentado en pratos de amizade e bo ambiente onde ribadenses e visitantes rémdense aos praceres culinarios durante once días.
Pero, ante todo, o que se persigue é plasmar unha cociña con alma, que anhela reencontrarse coas súas orixes, e onde a materia prima é protagonista principal.
Ana María Martínez,
Concelleira de Turismo, Desenvolvemento Local e Comercio.
NON SÓ DE TAPEO VAI A COUSA...
APP MÓBIL
Descarga no teu smartphone a nosa app. Dispoñible para iOS e Android.
SOÑOS GASTRONÓMICOS
Petiscos nos que a cociña non é só unha forma de saborear os alimentos, é un estilo de vida.
SOBREMESAS CULTURÁIS
Axenda cultural en Ribadeo durante os días que dura "Ribadeo de Tapeo".
